A Coruña (Galicia): Novidades + Crónica de domingo en Palavea + MeigaLab + Tattoo Circus

En primeiro lugar queremos comunicarvos unha serie de novidades decididas nas últimas asambleas:

  • O 11 de Maio haberá varias actividades:
  • Cancélase o obradoiro de guitarra dos martes
  • Continúa o obradoiro de inglés (animamos a que tódalas persoas interesadas acudan ao mesmo para continuar dándolle vida)
  • O xantador, e en xeral, as actividades permanentes programadas para o mércores cancelaranse polo día da traballadora.
  • Estase cocendo, para o 29 de xuño, unha Jam de Hip-Hop!
  • Estase tamén cocendo no forno festival poético para o 17 de xuño (estade atentxs!) [Leer más]

A Coruña (Galicia): Crónica do xanta e loita

Crónica_do_xanta_e_loita

O pasado sábado 20 de Abril, reunímonos no campo da leña numerosxs compañeirxs, amigxs, a tamén veciñxs e curiosxs para tomar e reivindicar as rúas, en prol do común e do colectivo. E que mellor xeito de facelo que compartindo un xantar! Este xantar, que se repartiu na rúa de xeito totalmente gratuito, estaba feito con comida reciclada e co mesmo tamén queríamos reivindicar un modelo de consumo distinto, no que a comida non se tire ao lixo nin se desperdicie, e outro xeito de entender a economía e a alimentación, sempre vegana e respetuosa co medio ambiente e cos animais. [Leer más]