A Coruña (Galicia): CSO Palavea, as instalacións do centro social: “Antes e despois”

CSO_A_Palavea_A_Coruña

Mentres se escribe este artigo, aínda acaba de rematar no CSOA Palavea o Tattoo Circus.

Aproveitamos este evento para sacar á luz un reportaxe fotográfico que nos gustaría chamar: “Antes e despois“. Parece que foi onte cando, hai case dous anos, un grupo de persoas tomou a decisión de entrar no actual centro social de Palavea, o antigo edificio das oblatas.

Cando estas persoas entraron nas instalacións do inmenso edificio e finca, o que se toparon no seu interior foi o legado da especulación inmoviliaria, do capitalismo máis salvaxe e do abandono máis absoluto que é consecuencia do primeiro. [Leer más]

A Coruña (Galicia): Tattoo Circus al CSO Palavea

CSO_Palavea_tattoo_circus

Esta vindeira fin de semana ven a Palavea un gran evento a nivel estatal, que se leva preparando con duro traballo por moitxs compañeirxs durante varios meses e ao que vos convidamos a asistir e disfrutar: o tattoo circus.

¿Aínda non tes moi claro en que consiste o tattoo circus? Tes toda a info aquí – http://tattoocircuscorunha.narede.gl/que-hago.html

O evento terá lugar o venres 17, sábado 18 e domingo 19. A páxina web do evento (http://tattoocircuscorunha.narede.gl/index.html) infórmanos das actividades que se van a levar a cabo durante os tres días. A continuación poremos por aquí o programa do Tattoo Circus detallado por horas. Aquí –>http://tattoocircuscorunha.narede.gl/noticias.html poderedes atopar este mesmo programa que vos achegamos a continuación, e poderedes, facendo click en cada unha das actividades particulares, ampliar a información de cada unha das mesmas. [Leer más]