Dende a asamblea do Centro Social Okupado de Palavea queremos facer público o seguinte comunicado:
En anteriores comunicados informamos da compra do edificio que xestionamos por parte dun empresario local que pretende montar un novo asilo privado. Tamén informamos dos intereses exclusivamente lucrativos que se agochan tras desa operación, así como do aproveitamento da nosa presenza no espazo para abaratar a compra.
Agora sabemos que, ademais do proceso penal pola okupación, xa hai máis de dous anos, do edificio, os novos “propietarios” iniciaron outro proceso pola vía civil buscando o desaloxo. Pese a que a denuncia penal aínda segue aberta, semella que o proceso civil, do que nós non tiñamos noticias ata hai apenas dúas semanas, adianta pola dereita ao outro proceso e fixa a data do xuízo, nun asombroso alarde de nostalxia fascista, para o vindeiro 20 de Novembro. Dúas persoas atópanse imputadas, xunto cunha terceira denuncia para os “ocupantes da casa”; pídese, como fianza para oporse ao xuizo, a desorbitada cantidade de 200.000 euros (ollo! é unha fianza para cubrir os posibles danos ou perxuizos, non unha multa nin unha sanción).
Evidentemente esta noticia entraña un inmediato perigo para a supervivencia do noso Centro Social, e por iso pedimos a todas aquelas persoas solidarias que permanezan atentas a futuras convocatorias; pedimos colaboración (individual ou en conxuto) para que o espazo siga aberto, para que non o reapropie o capital e siga sendo de todas.
O C.S.O. Palavea é unha ferramenta dos movementos disidentes e contestararios da Coruña na loita contra o capitalismo e contra a autoridade. É un espazo liberado a experimentación dun outro mundo, non só posible, se non necesario. É un oasis no deserto do pensamento único e do demofascismo liberal. Os seus usuarios cremos no que facemos, e por iso debemos defender as nosas conquistas coa determinación dos que loitan por un mundo mellor.
O “C.S.O.PALAVEA” RESISTE.
Contra as agresións do capital
LOITA SOCIAL!!!!
Seguiremos informando.
Cso Palavea
http://okupacorunha.wordpress.com
Actividades da semana:
Retómanse o obradoiro de Hatha Ioga e os Roteiros de Sendeirismo.
Mércores:
15:00 Xantador pro-pres@s
17:00 Reparación e Reciclaxe Informática
Xoves:
12:00 Obradoiro de Hatha Ioga
Domingo:
9:30 Roteiro de Sendeirismo (información máis abaixo)
Luns:
20:00 Asamblea Aberta do CSO
Lembrade que podedes acudir de luns a sábado á mini rampa de skate, ao ciber-café, ao ximnasio, etc.
— INFORMACIÓN DO ROTEIRO DE SENDEIRISMO: —
Ruta dos Encomendeiros (Pontedeume, Cabanas, A Capela e Monfero)
Primeira ruta da tempada, doada, pra tomar contacto e desoxidarse. O roteiro parte da ponte de Cal Grande e vai río arriba até chegar á ponte de Caaveiro, aquí ascende até o mosteiro, onde faremos unha parada pra xantar e voltaremos en paralelo ao río Sesín até a súa desembocadura no Eume, voltando polo camiño río abaixo até Cal Grande.
Lonxitude:
Tramo 1 Da ponte de Cal Grande até a ponte de Fornelos: 3 km
Tramo 2 Da ponte colgante de Fornelos até a ponte de Santa Cristina –ou de Caaveiro–: 2,5 km
Tramo 3 Circular de Caaveiro: 2 km
Volta polos tramos 2 e 1: 5,5 km
Total aprox. 13 km
Altitude min: 19 metros, max: 147 metros
Desnivel acum. subindo: 148 metros, baixando: 111 metros
Grao de dificultade: Moderado
Coordenadas do inicio do roteiro: 25,005′ N 08º 06,250′ W
Xa sabedes, estade o domingo ás 9:30 no CSO Palavea para distribuirnos nos coches, traede calzado cómodo, bocata e algo pra beber.
Prégase avisar con antelación (polo facebook) e se tedes coche e podedes, traédeo até o CSO.
Nun principio, o tempo prao domingo ven soleado, con vento variable e probabilidade de choiva baixa (20%), porén, estade atentos ao tempo por se tedes que traer chuvasqueiro.
Acude e Difunde!!
http://okupacorunha.wordpress.com/2013/10/03/comunicado-actividades/