A Coruña (Galicia): CSO Palavea, as instalacións do centro social: “Antes e despois”

CSO_A_Palavea_A_Coruña

Mentres se escribe este artigo, aínda acaba de rematar no CSOA Palavea o Tattoo Circus.

Aproveitamos este evento para sacar á luz un reportaxe fotográfico que nos gustaría chamar: “Antes e despois“. Parece que foi onte cando, hai case dous anos, un grupo de persoas tomou a decisión de entrar no actual centro social de Palavea, o antigo edificio das oblatas.

Cando estas persoas entraron nas instalacións do inmenso edificio e finca, o que se toparon no seu interior foi o legado da especulación inmoviliaria, do capitalismo máis salvaxe e do abandono máis absoluto que é consecuencia do primeiro.

Por iso, agora que xa están a piques de cumplirse eses dous anos, aproveitamos os últimos traballos feitos con motivo do tattoo circus para ensinar ao público como era hai dous anos o edificio que albergaba o abandono, o desuso e a desidia máis absoluta, e como é agora a casa que alberga o centro social okupado e autoxestionado de palavea, no que un gran número de activistas invertiron tempo, esforzo e ganas en rehabilitar, reconstruir e reinventar os estragos que ese abandono causara durante dez longos anos.

Así, por exemplo, estaban algúns dos aseos e instalacións “hixiénicas” do espazo:

ANTES

Así, tras moito traballo de limpeza, fontanería, saneamento, desescombrado e desinfección (así como de clausura e illamento das partes da casa na que a estancia ou o uso podería chegar a non ser seguro), é como se atopan actualmente os aseos da casa:

DESPOIS

Tal e como vos ensinamos a continuación estaban hai dous anos os corredores e outras estancias do que antes era un edificio abandoado e hoxe é un consolidado centro social:

ANTES

Así son actualmente os pasillos e algunhas das habitacións:

DESPOIS

Como vedes, non só se fixo unha simple labor de limpeza, senón que se rehabilitou e reestruccturou todo o espazo, dotándoo dunha función e unha utilidade. Nas imaxes, ademais dos corredores, podedes ver tamén outras estancias que se foron acondicionando co paso dos meses: a sala de descanso (habilitada para xs tatuadorxs do tattoo circus), a habitación de arte, na que se realizan todo tipo de actividades, a biblioteca, na que se poden tomar prestados libros, DVDs e cintas VHS, a fanzinoteca, que está dentro da biblioteca mais que pode moverse para expoñerse noutras áreas da casa. Ademais, ensinamos algunhas das habitacións de invitadxs que hai no centro social, habilitadas para que as usuarias que visiten o espazo en grandes eventos ou en xornadas que duren varios días, ou de xeito puntual para algunhas persoas que o soliciten por unha noite para poder asistir a algunhas das actividades que se realizan no centro social e que rematan tarde, así coma para artistas ou músicos que veñan a dar un concerto e/ou impartir unha actividade. Deste xeito, tódalas usuarias que o precisen poderían pernoctar na casa nestas circunstancias.

Gustaríanos tamén amosar o antes e o despois de algunhas das instalacións da casa, como por exemplo os exteriores, a cancha de baloncesto, que foi totalmente limpada e desbrozada, habilitándoa para o xogo e o uso; ou coma a cafetería, antes un lugar sucio e abandoado, e actualmente un espazo acolledor, limpo e, porque non, moi bonito, no que se realizan charlas, reunións, asambleas, proxeccións, palestras… ou simplemente se disfruta dun rato ben agradable mentres se toma unha cerveza, un refresco ou un té ou café.

ANTES

…e DESPOIS

Patio y cancha de baloncesto. Canastas restauradas por las y los okupascafetería 1Podes ver máis sobre a cafetería de Palavea neste outro artigo –>  http://okupacorunha.wordpress.com/2013/01/10/a-nova-cafeteria-do-csoa-palavea/

Podémosvos amosar tamén outros “antes e despois” do centro social, como: a antiga enfermería/actual sala de tatuaxes, a capela, anteriormente valeira e que agora alberga unha rampa de skate na que se levan a cabo diferentes tipos de actividades, as instalacións exteriores, antigamente abandoadas e nas que actualmente hai unha horta colectiva e uns xardíns adecuadamente coidados e desbrozados, así coma a cociña, antes unha habitación valeira, sucia e insalubre na que só había algún que outro electrodoméstico roto, convertida na actualidade nunha estancia habilitada para que nas instalacións se poda cociñar comida para decenas de persoas.

Antes ———-> Despois

Por último, queremos ensinarvos algunhas das fotos que recentemente tomamos do centro social, e nas que se pode observar o estado actual do bar, os xardíns exteriores, algunhas das hortalizas cultivadas na horta colectiva, así coma as instalacións do ximnasio para a recepción do tattoo circus (como xa sabedes, xeralmente realízanse actividades deportivas alí: defensa persoal, ioga…). Neste post–> http://okupacorunha.wordpress.com/2013/03/27/tarde-de-mercores-no-csoa-palavea/ podedes ver como é o aspecto habitual das instalacións do ximnasio.

Sen máis, agardamos que todas disfrutárades dun intenso fin de semana no CSOA Palavea con motivo do tattoo circus. Ademais, gustaríanos con este artigo achegar o centro social a todas aquelas persoas que aínda non están seguras de que actividades se realizan no seu interior, así como derrubar mitos con respecto á okupación, para amosar de xeito explícito a realidade da mesma: a okupación como loita activa e optimista contra o establecido, como creación de novas realidades e xeitos de relacións entre as persoas, a través do establecemento de novos xeitos de xestionar as nosas vidas.

Por último, con esta foto, que agardamos que sexa simbólica, na que se amosa un precioso mosaico feito por compañeirxs do centro social, no que anteriormente había un perigoso (ademais de antiestético) boquete no chan, despedimos este artigo, agardando ter aberto un pouco máis as portas deste espazo colectivo e común, aberto a todo tipo de ideas e colectivos que traballen en torno a estos mesmos preceptos políticos, sociais e tamén económicos. E coma sempre…

mosaico donde antes había un mero boquete en el suelo

ACUDE E DIFUNDE!!!

http://okupacorunha.wordpress.com/2013/05/19/o-tattoo-circus-as-instalacions-do-centro-social-antes-e-despois/