A Coruña (Galicia): Crónica do xanta e loita

Crónica_do_xanta_e_loita

O pasado sábado 20 de Abril, reunímonos no campo da leña numerosxs compañeirxs, amigxs, a tamén veciñxs e curiosxs para tomar e reivindicar as rúas, en prol do común e do colectivo. E que mellor xeito de facelo que compartindo un xantar! Este xantar, que se repartiu na rúa de xeito totalmente gratuito, estaba feito con comida reciclada e co mesmo tamén queríamos reivindicar un modelo de consumo distinto, no que a comida non se tire ao lixo nin se desperdicie, e outro xeito de entender a economía e a alimentación, sempre vegana e respetuosa co medio ambiente e cos animais.

Pois ben, puidemos disfrutar de numerosas delicias e manxares:

  • Empanadas caseiras: de algas, de cogumelos…
  • Ensaladilla rusa con veganesa (maionesa vegana)
  • Diferentes tipos de patés: de pementos do piquillo, de berenxeras, de cenouras, de garbanzos.
  • De postre, froitas a escoller

Ademais, había roupa para coller ou intercambiar de xeito totalmente gratuito, así como fanzines e distintos textos de interés que podían ser lidos ou mercados (os beneficios serían para unha distribuidora independente sen ánimo de lucro), mentres que algunhas compañeiras, de xeito totalmente espontáneo, animaban a velada con distintos instrumentos musicais coma guitarras e pandeiretas, así coma outros compañeiros trouxeron material necesario para practicar slackline (camiñar sobre unha corda).

Ao rematar de xantar, aproveitouse a xuntanza e a boa compañía para poñer en común algúns proxectos que se están a levar a cabo nesta cidade, de tal xeito que se fixeron presentacións:

Ao final do xantar e das presentacións, mentres a xente estaba conversando tranquilamente na praza, tivemos unha visita inesperada: un par de policías achegáronse polo campo da lenha de malas maneiras, preguntándonos que facíamos alí. Tras respostar que facíamos un xantador na rúa; eles respostaron que non era legal facer iso; xantar na rúa (?¿). Como este argumento era obviamente absurdo, e eles tiñan simplemente ganas de molestarnos e de non querer que tomáramos o que é noso; a rúa, os afectos, o común, o colectivo.. nos pediron que quitáramos a faixa que tiñamos pendurada entre dúas árbores, así como a corda de slackline na que varixs compañeirxs practicaban deporte (aínda non sabemos moi ben que era o que lles molestaba desta diabólica práctica deportiva).

Non sin sentir que o que facíamos era absurdo, mais tratando de non crear problemas dese xeito tan gratuito coma o que se pretendía, quitamos a faixa e continuamos na rúa falando distendidamente entre nós e compartindo un agradable momento. Mentres tanto, os policías, non contentos con que quitaramos a faixa, falaban polos seus intercomunicadores (o que non sabemos é de que), e tamén entre eles, con ganas de non marchar de alá sen intentar crear algún problema.

Así, pasado un rato, achegáronse novamente a nós para dicirnos que tiñamos que retirar as mesas e a comida, e, en resumidas contas, que nos tiñamos que retirar nós tamén, porque ter mesas na rúa non era legal. Deste xeito, un dos compañeiros que estaba alá tratou de razoar cos funcionarios para explicarlles que a nosa actividade era totalmente pacífica e que só queríamos estar na rúa. Máis a súa actitude (a de respostar) non gustou aos policías, que terminaron por pedir que nos foramos da rúa (que polo de agora pensamos que non é propiedade privada) dun xeito un pouco máis persuasivo, é dicir, identificando ao compañeiro que tratou de falar e razoar con eles, que agora podería recibir algún tipo de multa por isto (ou iso nos dixeon os axentes, mais aínda non saberíamos si a multa sería por comer, por falar, ou por practicar deporte).

Xa o dicíamos nós… TOMA A RÚA, XANTA, E LOITA!! PERO POR FAVOR… LOITA!!!

P1020756http://okupacorunha.wordpress.com/2013/04/25/reunion-preparatoria-das-accoms-en-apoio-a-barillas-cronica-do-xanta-e-loita/