A Coruña (Galicia): Manifestación en repulsa polo desaloxo do CSOA Palavea

mani_desalojo_Palavea

Desaloxado o C.S.O. Palavea

Hoxe, martes 25 de marzo, un desmesurado dispositivo policial desaloxaba o Centro Social Okupado de Palavea. Decenas de furgonetas de antidisturbios, apoiadas por coches da guardia civil, asaltaban ás 7:30 da mañá o inmoble dando fin a case tres anos de autoxestión, compromiso e rebeldía. No momento do desaloxo únicamente durmia no lugar unha persoa, unha muller desafiuzada poucos meses antes da súa vivenda e que, abandonada polas institucións, atopara acubillo no noso Centro Social.

O pasado luns 17 rematara o prazo concedido polo xulgado para abandoar o edificio pero, pese ao específico da sentenza, a policía preferiu desgastar aos resistentes durante máis dunha semana antes de executar a orde. [Leer más]

A Coruña (Galicia): Comunicado do CSOA Palavea sobre as últimas novas relativas ao desaloxo do centro social

CSO_Palavea

Dende a asemblea do Centro Social Okupado de Palavea queremos agradecer a tod@s @s solidari@s que o pasado luns viñeron a resistir connosco a orde de desaloxo a súa cariñosa e disidente presenza xunto a nós. Pois foi tod@s xunt@s como conseguimos visibilizar a desesperada situación xudicial da okupa, cortando en reiteradas ocasións o tráfico da N-550 e obrigando a policía nacional e a garda civil a despregar tal desmesurado dispositivo que ata mobilizaron un helicóptero.
Non obstante semella que as intencións policiacas pasan por xogar ao xogo do desgaste, ignorando momentaneamente o mandato xudicial que os cominaba a actuar o pasado luns para realizar un desaloxo sorpresa cando menos o esperemos. [Leer más]

A Coruña (Galicia): Xornadas de resistencia no CSOA Palavea

xornadas_resistencia_Papavea

Dende a asamblea do C.S.O. Palavea e ante a inminencia dun posible desaloxo querémosvos convidar ás Xornadas de Resistencia que darán comezo este venres 7 e que se prolongarán ata a próxima fin de semana.

Índa quedan multitude de actividades sen anunciar e algunhas están suxeitas a cambios, iremos subindo a información, así que estade atentxs ao blogue. [Leer más]

A Coruña (Galicia): Communicado da asamblea do CSOA Palavea

CSO_Palavea_mani

A asamblea do Centro Social Okupado de Palavea, ante a expectación esperatada polo mandato xudicial para abandoar a okupa antes do pasado 19 de Xaneiro, quere facer público o seguinte comunicado:

Primeiro dicir que, evidentemente, transgredimos o mandato da xuiza e continuamos realizando as actividades públicas que dan sentido a nosa okupación. Lamentablemente, o feito de poñer en lugar seguro gran parte do material da casa, unido aos preparativos para o desaloxo obligáronnos a recortar ostensiblemente a programación, axustando os horarios de apertura únicamente as actividades previstas. [Leer más]

A Coruña (Galicia): Centro Social Okupado de Palavea, comunicado y actividades

CSO_A_Palavea_A_Coruña

Dende a asamblea do Centro Social Okupado de Palavea queremos facer público o seguinte comunicado:

En anteriores comunicados informamos da compra do edificio que xestionamos por parte dun empresario local que pretende montar un novo asilo privado. Tamén informamos dos intereses exclusivamente lucrativos que se agochan tras desa operación, así como do aproveitamento da nosa presenza no espazo para abaratar a compra.

Agora sabemos que, ademais do proceso penal pola okupación, xa hai máis de dous anos, do edificio, os novos “propietarios” iniciaron outro proceso pola vía civil buscando o desaloxo. [Leer más]

A Coruña (Galicia): Cartaz do aniversario do CSOA Palavea!

CSO_A_Palavea_A_Coruña_

Despois deste verán no que as actividades do centro social sufriron un parón estival, informamos de que en breve retomaranse a actividad habitual: talleres, obradoiros, charlas e concertos. Estade atentxs ao blogue e ao facebook para máis información.

Por ben, como sabedes, este pasado mes de xullo o CSOA Palavea cumpliu dous anos de actividade! Mais, por diversos motivos, sobre todo relacionados coa chegada do verán, decidiuse adia-la celebración ate este entrante mes de setembro. Pois ben, despois dun tempiño sen poñernos en contacto con vós dende este blogue, facelomo agora para poñervos por aquí o que é o cartaz provisional do segundo aniversario do CSOA Palavea, no que xa podedes ir vendo tanto a data do evento, que terá lugar o venres 20 e sábado 21 de setembro, así coma xa ir adiantando algúns dos grupos que están confirmados para esta celebración. [Leer más]

A Coruña (Galicia): CSO Palavea, as instalacións do centro social: “Antes e despois”

CSO_A_Palavea_A_Coruña

Mentres se escribe este artigo, aínda acaba de rematar no CSOA Palavea o Tattoo Circus.

Aproveitamos este evento para sacar á luz un reportaxe fotográfico que nos gustaría chamar: “Antes e despois“. Parece que foi onte cando, hai case dous anos, un grupo de persoas tomou a decisión de entrar no actual centro social de Palavea, o antigo edificio das oblatas.

Cando estas persoas entraron nas instalacións do inmenso edificio e finca, o que se toparon no seu interior foi o legado da especulación inmoviliaria, do capitalismo máis salvaxe e do abandono máis absoluto que é consecuencia do primeiro. [Leer más]

A Coruña (Galicia): Tattoo Circus al CSO Palavea

CSO_Palavea_tattoo_circus

Esta vindeira fin de semana ven a Palavea un gran evento a nivel estatal, que se leva preparando con duro traballo por moitxs compañeirxs durante varios meses e ao que vos convidamos a asistir e disfrutar: o tattoo circus.

¿Aínda non tes moi claro en que consiste o tattoo circus? Tes toda a info aquí – http://tattoocircuscorunha.narede.gl/que-hago.html

O evento terá lugar o venres 17, sábado 18 e domingo 19. A páxina web do evento (http://tattoocircuscorunha.narede.gl/index.html) infórmanos das actividades que se van a levar a cabo durante os tres días. A continuación poremos por aquí o programa do Tattoo Circus detallado por horas. Aquí –>http://tattoocircuscorunha.narede.gl/noticias.html poderedes atopar este mesmo programa que vos achegamos a continuación, e poderedes, facendo click en cada unha das actividades particulares, ampliar a información de cada unha das mesmas. [Leer más]

A Coruña (Galicia): Novidades + Crónica de domingo en Palavea + MeigaLab + Tattoo Circus

CSA_Palavea_A_Coruna

En primeiro lugar queremos comunicarvos unha serie de novidades decididas nas últimas asambleas:

  • O 11 de Maio haberá varias actividades:
  • Cancélase o obradoiro de guitarra dos martes
  • Continúa o obradoiro de inglés (animamos a que tódalas persoas interesadas acudan ao mesmo para continuar dándolle vida)
  • O xantador, e en xeral, as actividades permanentes programadas para o mércores cancelaranse polo día da traballadora.
  • Estase cocendo, para o 29 de xuño, unha Jam de Hip-Hop!
  • Estase tamén cocendo no forno festival poético para o 17 de xuño (estade atentxs!) [Leer más]

A Coruña (Galicia): Crónica do xanta e loita

Crónica_do_xanta_e_loita

O pasado sábado 20 de Abril, reunímonos no campo da leña numerosxs compañeirxs, amigxs, a tamén veciñxs e curiosxs para tomar e reivindicar as rúas, en prol do común e do colectivo. E que mellor xeito de facelo que compartindo un xantar! Este xantar, que se repartiu na rúa de xeito totalmente gratuito, estaba feito con comida reciclada e co mesmo tamén queríamos reivindicar un modelo de consumo distinto, no que a comida non se tire ao lixo nin se desperdicie, e outro xeito de entender a economía e a alimentación, sempre vegana e respetuosa co medio ambiente e cos animais. [Leer más]