A Coruña (Galicia): Novidades + Crónica de domingo en Palavea + MeigaLab + Tattoo Circus

En primeiro lugar queremos comunicarvos unha serie de novidades decididas nas últimas asambleas:

  • O 11 de Maio haberá varias actividades:
  • Cancélase o obradoiro de guitarra dos martes
  • Continúa o obradoiro de inglés (animamos a que tódalas persoas interesadas acudan ao mesmo para continuar dándolle vida)
  • O xantador, e en xeral, as actividades permanentes programadas para o mércores cancelaranse polo día da traballadora.
  • Estase cocendo, para o 29 de xuño, unha Jam de Hip-Hop!
  • Estase tamén cocendo no forno festival poético para o 17 de xuño (estade atentxs!)
  • Volta o obradoiro de cociña vegana! Terá lugar tódolos sábados ás 11 da mañá – http://corunha.info/node/1452
  • Comisións:
    • Fai falla unha desbrozadora! (para prestar 😉
    • Chegou a auga a algunhas alas da casa ás que antes non podía chegar por diferentes motivos loxísticos
    • Tamén mellorouse a luz nalgúns puntos aos que non chegaba correctamente
    • Internet xa chega a case tódalas partes da casa! Ábrese o HackLab (máis info ao final desta mesma entrada no blogue)
    • Fan falla, para a comisión de hortas, botes grandes de vidro (como de aceitunas)
  • Varios
    • Tódalas persoas interesadas, que desexen botar unha mano no Tattoo Circus (17 de maio) serán benvidas! 🙂 Acudide ás asambleas para máis información
    • Para o mesmo Tattoo Circus, estase planexando interpretar unha obra de teatro. Actores e actrices con ganas de colaborar son benvidxs!

Crónica do domingo no CSOA Palavea

Este domingo, diferentes colectivos reuníronse no CSOA Palavea, dándolle vida ao espazo a través do seu emprego para xuntanzas e para levar a cabo diferentes traballos dentro do mesmo. Achegámosvos unhas fotiños na que se pode ver o traballo destes colectivos que encheron este frío pero soleado domingo o centro social de vida!

IMG_20130428_194819 IMG_20130428_194707 IMG_20130428_194824 IMG_20130428_194747

MeigaLab 2.0

Por último, queremos achegarvos unha emocionante nova: uns cantos compañeiros están a retomar o que se comezara a levantar hai tempo mais que, por diversos motivos, non rematou de sair adiante: o MeigaLab, ou neste caso, o MeigaLab 2.0!

Por iso, quérese facer un chamamento a tódalas persoas interesadas e/ou con coñecementos sobre informática, tecnoloxía e cacharreo en xeral á participación neste talher/laboratorio de hackeo e tecnoloxía, que polo de agora está en fase de construcción (como vedes fan falla, como mínimo, estanterías!! 😉, e infórmase que este taller estará aberto ao público tódolos xoves a partires das cinco da tarde. 

Convidámoste a que te pases por aquí tanto coma se queres familiarizarte coa tecnoloxía e o software libre (xs compañeirxs poden axudarte a instalar Linux ou Ubuntu no teu ordenador, e axudarte a manexarte con eles), ou coma se tes algún problema co teu ordenador e queres un pouco de axuda para ver si se pode solucionar dalgunha maneira, así como tamén se precisas axuda co manexo de programas que empreguen software libre.

Tattoo Circus

A falta de máis info, que chegará en breve, imos deixando por aquí pendurado o cartaz do Tattoo circus. Agardamos por ti!

tattoo circus

http://okupacorunha.wordpress.com/2013/04/30/novidades-cronica-de-domingo-en-palavea-meigalab-tattoo-circus/