A asamblea do Centro Social Okupado de Palavea, ante a expectación esperatada polo mandato xudicial para abandoar a okupa antes do pasado 19 de Xaneiro, quere facer público o seguinte comunicado:
Primeiro dicir que, evidentemente, transgredimos o mandato da xuiza e continuamos realizando as actividades públicas que dan sentido a nosa okupación. Lamentablemente, o feito de poñer en lugar seguro gran parte do material da casa, unido aos preparativos para o desaloxo obligáronnos a recortar ostensiblemente a programación, axustando os horarios de apertura únicamente as actividades previstas. [Leer más]