Desaloxado o C.S.O. Palavea
Hoxe, martes 25 de marzo, un desmesurado dispositivo policial desaloxaba o Centro Social Okupado de Palavea. Decenas de furgonetas de antidisturbios, apoiadas por coches da guardia civil, asaltaban ás 7:30 da mañá o inmoble dando fin a case tres anos de autoxestión, compromiso e rebeldía. No momento do desaloxo únicamente durmia no lugar unha persoa, unha muller desafiuzada poucos meses antes da súa vivenda e que, abandonada polas institucións, atopara acubillo no noso Centro Social.
O pasado luns 17 rematara o prazo concedido polo xulgado para abandoar o edificio pero, pese ao específico da sentenza, a policía preferiu desgastar aos resistentes durante máis dunha semana antes de executar a orde. [Leer más]