A Coruña (Galicia): Manifestación en repulsa polo desaloxo do CSOA Palavea

mani_desalojo_Palavea

Desaloxado o C.S.O. Palavea

Hoxe, martes 25 de marzo, un desmesurado dispositivo policial desaloxaba o Centro Social Okupado de Palavea. Decenas de furgonetas de antidisturbios, apoiadas por coches da guardia civil, asaltaban ás 7:30 da mañá o inmoble dando fin a case tres anos de autoxestión, compromiso e rebeldía. No momento do desaloxo únicamente durmia no lugar unha persoa, unha muller desafiuzada poucos meses antes da súa vivenda e que, abandonada polas institucións, atopara acubillo no noso Centro Social.

O pasado luns 17 rematara o prazo concedido polo xulgado para abandoar o edificio pero, pese ao específico da sentenza, a policía preferiu desgastar aos resistentes durante máis dunha semana antes de executar a orde.

Tras varios anos de rebelde existenza, finalmente conseguiron acabar coa inmensa insolencia que supón a existenza dun espazo liberado das poutas do capiatalismo e da xerarqía para devolvelo ao redil do mercado.

Pero, como prometéramos, as súas agresións terán resposta nas rúas:

-E este sábado, 29 de marzo, Mobilización de Protesta contra o desaloxo do C.S.O. Palavea e en defensa dos espazos liberados ás 19:00h tamén diante do Obelisco.

Porque os espazos liberados son ferramentas de transformación social coas que combater o sistema de dominación. Vémonos nas rúas!!

DEZ, CEN, MIL CENTROS SOCIAIS

UN DESALOXO OUTRA OKUPACIÓN!!!

http://okupacorunha.wordpress.com/2014/03/28/manifestacion-en-repulsa-polo-desaloxo-do-csoa-palavea/