A Coruña (Galicia): Cartaz do aniversario do CSOA Palavea!

CSO_A_Palavea_A_Coruña_

Despois deste verán no que as actividades do centro social sufriron un parón estival, informamos de que en breve retomaranse a actividad habitual: talleres, obradoiros, charlas e concertos. Estade atentxs ao blogue e ao facebook para máis información.

Por ben, como sabedes, este pasado mes de xullo o CSOA Palavea cumpliu dous anos de actividade! Mais, por diversos motivos, sobre todo relacionados coa chegada do verán, decidiuse adia-la celebración ate este entrante mes de setembro. Pois ben, despois dun tempiño sen poñernos en contacto con vós dende este blogue, facelomo agora para poñervos por aquí o que é o cartaz provisional do segundo aniversario do CSOA Palavea, no que xa podedes ir vendo tanto a data do evento, que terá lugar o venres 20 e sábado 21 de setembro, así coma xa ir adiantando algúns dos grupos que están confirmados para esta celebración. [Leer más]

A Coruña (Galicia): CSO Palavea, as instalacións do centro social: “Antes e despois”

CSO_A_Palavea_A_Coruña

Mentres se escribe este artigo, aínda acaba de rematar no CSOA Palavea o Tattoo Circus.

Aproveitamos este evento para sacar á luz un reportaxe fotográfico que nos gustaría chamar: “Antes e despois“. Parece que foi onte cando, hai case dous anos, un grupo de persoas tomou a decisión de entrar no actual centro social de Palavea, o antigo edificio das oblatas.

Cando estas persoas entraron nas instalacións do inmenso edificio e finca, o que se toparon no seu interior foi o legado da especulación inmoviliaria, do capitalismo máis salvaxe e do abandono máis absoluto que é consecuencia do primeiro. [Leer más]

A Coruña (Galicia): Tattoo Circus al CSO Palavea

CSO_Palavea_tattoo_circus

Esta vindeira fin de semana ven a Palavea un gran evento a nivel estatal, que se leva preparando con duro traballo por moitxs compañeirxs durante varios meses e ao que vos convidamos a asistir e disfrutar: o tattoo circus.

¿Aínda non tes moi claro en que consiste o tattoo circus? Tes toda a info aquí – http://tattoocircuscorunha.narede.gl/que-hago.html

O evento terá lugar o venres 17, sábado 18 e domingo 19. A páxina web do evento (http://tattoocircuscorunha.narede.gl/index.html) infórmanos das actividades que se van a levar a cabo durante os tres días. A continuación poremos por aquí o programa do Tattoo Circus detallado por horas. Aquí –>http://tattoocircuscorunha.narede.gl/noticias.html poderedes atopar este mesmo programa que vos achegamos a continuación, e poderedes, facendo click en cada unha das actividades particulares, ampliar a información de cada unha das mesmas. [Leer más]

A Coruña (Galicia): Novidades + Crónica de domingo en Palavea + MeigaLab + Tattoo Circus

En primeiro lugar queremos comunicarvos unha serie de novidades decididas nas últimas asambleas:

  • O 11 de Maio haberá varias actividades:
  • Cancélase o obradoiro de guitarra dos martes
  • Continúa o obradoiro de inglés (animamos a que tódalas persoas interesadas acudan ao mesmo para continuar dándolle vida)
  • O xantador, e en xeral, as actividades permanentes programadas para o mércores cancelaranse polo día da traballadora.
  • Estase cocendo, para o 29 de xuño, unha Jam de Hip-Hop!
  • Estase tamén cocendo no forno festival poético para o 17 de xuño (estade atentxs!) [Leer más]

A Coruña (Galicia): Crónica do xanta e loita

Crónica_do_xanta_e_loita

O pasado sábado 20 de Abril, reunímonos no campo da leña numerosxs compañeirxs, amigxs, a tamén veciñxs e curiosxs para tomar e reivindicar as rúas, en prol do común e do colectivo. E que mellor xeito de facelo que compartindo un xantar! Este xantar, que se repartiu na rúa de xeito totalmente gratuito, estaba feito con comida reciclada e co mesmo tamén queríamos reivindicar un modelo de consumo distinto, no que a comida non se tire ao lixo nin se desperdicie, e outro xeito de entender a economía e a alimentación, sempre vegana e respetuosa co medio ambiente e cos animais. [Leer más]